Focus for Android Listing Copy (gl)

Title — 45 characters

Firefox Focus: O navegador para a privacidade

Short Description — 69 characters

O navegador rápido que respecta a súa privacidade, baseado no Firefox

Description — 1069 characters

Navegue sen sentirse observado. O novo Firefox Focus bloquea automaticamente unha gran variedade de elementos de seguimento en liña: dende o momento no que se abre ata o momento no que se pecha. Borra facilmente o seu historial, os seus contrasinais e cookies para evitar que o siga a publicidade no desexada.

«A navegación privada» na maioría dos navegadores non é exhaustiva ou fácil de usar. Focus protexe a súa privacidade ao máis alto nivel, de balde, sempre activo e sempre da súa parte. Porque está amparado por Mozilla, a organización sen ánimo de lucro que loita polos seus dereitos na Web.

PRIVACIDADE AUTOMÁTICA
• Bloquea unha gran variedade de elementos de seguimento web sen ter que configurar nada
• Borra facilmente o seu historial: sen contrasinais, sen cookies, sen elementos de seguimento

NAVEGUE MÁIS RÁPIDO
• Ao retirar os elementos de seguimento e os anuncios, as páxinas web requiren menos datos e cárganse máis rápido

CREADO POR MOZILLA
• Cremos que todo o mundo debería ter o control da súa vida en liña. Isto é polo que loitamos dende 1998.