Firefox for Android (gl)

Title — 27 characters

Firefox: O navegador seguro

What’s new — 265 characters

Traballamos para conseguir que Firefox para Android sexa mellor con cada nova versión. Consulte as notas da versión para obter máis información sobre as novas características, parches e melloras de rendemento en https://www.mozilla.org/en-US/firefox/android/notes/.

Short Description — 75 characters

Obteña o navegador móbil de balde, privado, personalizable e sincronizable.

Description — 3139 characters

Experimente unha Web rápida, intelixente e persoal. Creado por Mozilla, votada como a compañía de Internet máis consciente da privacidade, Firefox é o navegador independente que pon ás persoas en primeiro lugar. Instáleo xa e únase a centos de millóns de usuarios que confían en Firefox para gozar dunha experiencia de navegación máis persoal.

RÁPIDO. INTELIXENTE. SEU.
Firefox está feito pensando en vostede e dálle todo o poder para que recupere o control da súa experiencia web.
É por iso que deseñamos o produto con características intelixentes que simplifican a navegación.

BUSQUE DE FORMA INTELIXENTE E AFORRE TEMPO
- Firefox sempre se anticipa as súas necesidades e fornécelle intuitivamente suxestións e resultados relacionados coas súas anteriores buscas a través dos seus buscadores favoritos.
- Accede facilmente a provedores de busca como Wikipedia, Twitter e Amazon.

PRIVACIDADE AO MÁXIMO NIVEL
- Anovouse a súa privacidade. A navegación privada con protección contra o seguimento bloquea partes das páxinas web que poden seguir a súa actividade de navegación.

SINCRONICE FIREFOX EN TODOS OS SEUS DISPOSITIVOS
- Cunha conta Firefox, acceda ao seu historial, aos marcadores e ás lapelas abertas do seu escritorio no seu móbil ou tableta.
- Dun dispositivo a outro, Firefox lembrará os seus contrasinais por vostede, de forma segura.

LAPELAS VISUAIS E INTUITIVAS
- Atope contido facilmente coas lapelas numeradas, visuais e intuitivas.
- Abra tantas lapelas como queira sen perder o fío da súa navegación.

FÁCIL ACCESO AOS SEUS SITIOS FAVORITOS
- Deixe de buscar e pase máis tempo lendo os seus sitios favoritos.

COMPLEMENTOS PARA TODO
- Controle como navega pola Web personalizando Firefox con complementos como bloqueadores de anuncios, xestores de contrasinais e descargas e moito máis.

COMPARTA AO INSTANTE
- Firefox lembra os aplicativos que usou recentemente para que comparta contidos facilmente en Facebook, Twitter, WhatsApp, Skype e moito máis.

O SEU CONTIDO NA PANTALLA GRANDE
- Envíe contido web e de vídeo dende o seu móbil ou tableta a calquera televisión de última xeración.

Obteña máis información sobre o Firefox para Android:
- Ten algunha pregunta ou precisa axuda? Visite https://support.mozilla.org/mobile
- Lea sobre os permisos de Firefox: http://mzl.la/Permissions
- Obteña máis información sobre o que está pasando en Mozilla: https://blog.mozilla.org
- Dálle un «gústame» a páxina Facebook de Firefox: http://mzl.la/FXFacebook
- Siga o Firefox no Twitter: http://mzl.la/FXTwitter

SOBRE MOZILLA
Mozilla existe para garantir que Internet sexa un recurso público e accesíbel para todos, porque cremos que o aberto e libre é mellor que o pechado e controlado. Construímos produtos como Firefox para promover a elección e a transparencia, e ofrecer á xente máis control sobre as súas vidas en liña. Obteña máis información en https://www.mozilla.org

Política de privacidade: https://www.mozilla.org/legal/privacy/firefox.html

Google Play Screenshots Copy

Rápido. Intelixente. Seu
Descubra o Firefox e únase
centos de millóns de usuarios de Firefox
Deseño de lapelas visual e intuitivo Atopa e xestiona rapidamente
as súas lapelas abertas
Buscas intelixentes Obteña resultados precisos e intuitivos
antes de que termine de escribir
Unha navegación fluída
e global con Sync
Acceso ao instante aos seus marcadores,
historial, lapelas abertas e contrasinais
en calquera lugar no que use Firefox
Privacidade ao máximo nivel A navegación privada con protección contra o
seguimento bloquea partes das páxinas web que
poden seguir a súa actividade de navegación
Complementos para todo Personalice o seu navegador web con complementos
como bloqueadores de anuncios, xestores de
contrasinais e descargas e moito máis.
Comparta ao instante Firefox lembra os aplicativos
que usou recentemente para axudarlle
a divulgalos como queira
Enviar ao dispositivo Envíe contido web e de vídeo dende
o seu móbil ou tableta
a calquera dispositivo compatíbel